martes, 7 de abril de 2009

Cociñamos o noso club

INGREDIENTES:


-Entre 10 e 15 lectores nin moi verdes nin moi maduros.
-Libros apetitosos e pouco graxentos.
-Un coordinador no seu punto.
-Sal e pementa ao gusto.


MODO DE PREPARACIÓN:

Nunha sala grande, por exemplo a biblioteca, bótase o coordinador, previamente macerado en numerosas lecturas, os libros e os lectores ben limpos e escurridos de prexuízos de cara á lectura. Reméxese ben e vaise cociñando lentamente ata conseguir un clima de participación axeitado, no que cada membro expoña os seus comentarios e todas as inquedanzas que lle susciten os textos.

PRESENTACIÓN:

Sírvase quente e acompañado de altas doses de enxeño e sensibilidade de calquera colleita.
Consumir preferentemente antes de que os libros collan máis pó.
En caso de dúbidas, consulte ao servizo técnico de bibliotecas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario